InicioDeportesMilleiros de persoas toman rúas, parques e paseos tras 50 días de...

Milleiros de persoas toman rúas, parques e paseos tras 50 días de confinamento

PUBLICADO O

Cidades e vilas galegas fervían na mañá deste sábado. 50 días despois de decretarse o Estado de Alerta, o Goberno central permitiu a toda a poboación saír á rúa por franxas horarias. E Vigo non foi unha excepción. Desde primeira hora da mañá eran moitos os deportistas e paseantes que se deixaron ver polas principais rúas da cidade.

Así, de 6 ata ás 10 da mañá é a franxa para deportistas e persoas maiores de 14 anos. O deporte poderase practicar de maneira individual, unha vez ao día, sen contacto con outra persoa e a limitación de distancia poraa a fronteira do teu municipio.

De 10 a 12 da mañá é o momento para os maiores de 70 anos e persoas dependentes. As persoas dependentes poderán saír co seu coidador, unha vez ao día como máximo. De 12 a 19 da tarde é o momento dos nenos menores de 14 anos que poderán saír, como xa fan desde o pasado domingo, pero só neste horario, de 12:00 a 19:00 horas.

De 19 ao 20 da tarde volverán os maiores de 70 anos e persoas dependentes que non saísen no seu horario matinal permitido. Pechan o día as persoas que poden abrilo para facer deporte individual e paseos coas restricións para adultos maiores de 14 anos que, igualmente, non saísen pola mañá.

Á marxe destas opcións quedan as persoas con síntomas ou afectados polo coronavirus, que deberán permanecer no seu domicilio. Tampouco poden saír os residentes en centros sociosanitarios de maiores.

Mentres, os municipios con menos de 5.000 habitantes, ou aquelas entidades menores de poboación con menos de 5.000 habitantes, non estarán sometidos a estas limitacións, e poderán realizar as actividades permitidas a calquera hora do día.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...