O Mercantil de Vigo modernízase para tentar chegar ao común dos vigueses

Círculo Mercantil de Vigo

O Círculo Mercantil acometeu varios cambios nas instalacións da súa Cidade Deportiva “co fin de modernizarse e reintegrarse na cidade viguesa”, subliñan. Novas actividades, un espazo de actividades a cuberto para nenos e mozos de 0 a 18 anos e a remodelación dun dos pavillóns para a práctica de todo tipo de deportes son as apostas da nova directiva.

Outra das novidades dentro da oferta de actividades do club, é o Mercantil Fitness. Un grupo de adestramento dirixido diario que durante o fin de semana amplía a oferta con actividades de pilates, body tonic ou GAP.

As súas instalacións atópanse divididas en catro zonas: a infantil, dirixida aos máis pequenos da casa, dotada dun parque de bólas, cama elástica, xogos de construción, escenario, zona de debuxo, patinetes e outros xogos; unha zona de deportes cun campo de futbol indoor, rampas de skate, futbolíns, mesas de pin pon, billar e xogos de mesa; a zona “gamers” destinada aos amantes dos videojuegos; mais un circuíto exterior polo que os nenos circulan nos coches do Mercantil ou no seu propio. Ademais das pistas de tenis e pádel, o campo de fútbol, o ximnasio e as piscinas, abertas durante a época estival.

A outra gran aposta do club é a creación de escolas deportivas. O Mercantil quere apoiar ao deporte base “creando canteira”. Así que traballan na remodelación dun dos seus pavillóns, que se utilizará a próxima tempada para o adestramento de distintas disciplinas como baloncesto, fútbol sala, bádminton ou patinaxe.

Para que máis vigueses poidan achegarse a coñecer o novo proxecto, o club lanzou unha promoción mediante a cal ser socio do Mercantil en xuño é totalmente gratuito.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here