InicioDeportesUn xulgado de Pontevedra declara finalizado o concurso de acredores do Celta

Un xulgado de Pontevedra declara finalizado o concurso de acredores do Celta

Declara "integramente cumprido" o convenio asinado en xullo de 2009.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra declarou “integramente cumprido” o convenio subscrito entre o Real Club Celta de Vigo e os seus acredores en xullo de 2009, polo que considerou que o concurso finalizou.

Segundo recolle o auto, calquera acredor que considere que o convenio non se respectou na parte que lle afecta poderá demandar a declaración de incumprimento.

En concreto, a declaración poderase solicitar desde o momento do incumprimento nos dous meses posteriores á emisión deste auto. Así mesmo, a resolución do xuíz poderá ser impugnada mediante un recurso de reposición ante o Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra.

A través dos fundamentos de dereito, o maxistrado considerou que se deu cumprimento “a todas as estipulacións contidas no convenio aprobado no seu día” ante a “ausencia de presentación de calquera alegación por parte de quen estaban interesados no devandito convenio”.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...