InicioDeportesA alcaldesa de Mos acusa a Deputación de "deslealdade" pola "filtración" do...

A alcaldesa de Mos acusa a Deputación de “deslealdade” pola “filtración” do informe sobre o proxecto da cidade deportiva do Celta

Teme que o informe estea "dirixido", pola "estratexia do PSOE" contra este municipio, di.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo (PP), criticou este martes a “falta de lealdade institucional” da Deputación Provincial de Pontevedra por “filtrar” aos medios o informe negativo sobre a modificación do Plan Xeral deste municipio, para permitir a construción da Cidade Deportiva do Real Club Celta.

A rexedora lamentou o “sectarismo” do goberno provincial presidido pola socialista Carmela Silva por dar a coñecer ese informe aos medios antes de que chegase ao propio Concello de Mos. A ese respecto, tanto o grupo municipal do PP como o grupo provincial na Deputación presentarán mocións para pedir explicacións ao PSOE por esa “deslealdade institucional”.

En todo caso, precisou que a Deputación Provincial ten que limitarse a informar sobre a afectación dun viario “obsoleto” que apenas ten uso agora, e avanzou que o goberno municipal vai pedir a transferencia da titularidade desa estrada. Se se confirma que o informe é negativo, concluíu, significará que está “dirixido” nunha “estratexia do PSOE contra Mos” e contra os intereses do Celta.

INFORME DE FOMENTO

Por outra banda, tamén explicou que, dos informes sectoriais solicitados para seguir tramitando a modificación da PXOM, o Concello de Mos recibiu cinco, dos cales catro son favorables.

Segundo explicou, deron o visto e prace á actuación AENA AESA Aviación Civil, a subdelegación do Goberno, a Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxía da Información, e a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Mentres, o informe do Ministerio de Fomento (Dirección Xeral de Estradas) foi negativo.

Nidia Arévalo sinalou que se tomarán medidas para emendar os “matices” expostos, pero advertiu de que o crecemento de Mos, aprobado no seu plan, non pode quedar condicionado polo proxecto dun túnel “que non sabe cando nin como” se fará.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...