Seareiros do Celta e do Osasuna consideran unha “falta de respecto” de LaLiga poñer o partido a noite de Reis

O partido está programado para o 5 de xaneiro ás 21.00 horas.

A afección do Celta recibe o equipo / © Miguel Núñez.

As federacións de peñas do Celta e do Osasuna emitiron un comunicado conxunto no que solicitan a LaLiga que modifique o horario do partido que enfrontará a ambos os equipos e que está programado para o 5 de xaneiro ás 21.00 horas.

As peñas consideran que ese horario é “inapropiado” ao tratarse da Noite de Reis, unha xornada cun compoñente familiar “moi especial” para a maioría dos afeccionados ao fútbol.

Neste sentido, critican que “non só” prexudica aos nenos senón tamén aos adultos, ademais da aqueles seguidores navarros que queiran desprazarse ata Vigo.

Por iso, consideran que ese horario é “unha falta de respecto” para as dúas afeccións, e lamenta que LaLiga prime “os intereses económicos” por enriba dos afeccionados ao fútbol”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here