Falece un xogador de fútbol sala de 41 anos mentres disputaba un partido en Tui

A Federación Galega de Fútbol sala confirmou a morte do xogador do Baíña.

Equipo do Baíña de Fútbol Sala / Baíña.

A Federación Galega de Fútbol sala confirmou que este sábado faleceu un xogador do Baíña, un equipo baionés, mentres se atopaba disputando un partido contra o Gándara Gullarei, en Tui (Pontevedra).

Tanto a institución como o equipo de falecido lamentaron a perda do xogador de 41 anos que “sufriu unha indisposición” mentres xogaba “e nada se puido facer por salvarlle a vida”.

Así o relata un comunicado da Federación, despois de que sucedesen os feitos. Pola súa banda, o equipo trasladou as súas condolencias e o pésame á familia a través das redes sociais.

Quixeron lembrar que sempre os “recibía con alegría e un sorriso”. Ademais de xogador, M.V.G, era porteiro, directivo e compañeiro do equipo C do Baíña Fútbol sala.

A noticia deixou “consternados” tanto ás institucións do ámbito futbolístico como a outros equipos, que a través das redes sociais, trasladaron o seu apoio á familia e amigos do xogador, así como a todo o equipo de Baiona.