InicioDeportesRafinha: “Se non viñese ao Celta, quedaríame no Barça”

Rafinha: “Se non viñese ao Celta, quedaríame no Barça”

O centrocampista cualifica como “algo moi grande” poder defender o escudo do equipo vigués.

PUBLICADO O

O centrocampista Rafinha Alcántara asegurou este luns que en caso de non fichar polo Celta de Vigo seguiría unha tempada máis no FC Barcelona.

“Tedes unha frase –’Isto vai de corazón’, lema da campaña de abonados- que resume de verdade o que os xogadores que viñeron sentimos polo club. Eu se non fose o Celta non viría, quedaríame no Barcelona”, afirmou nunha entrevista a CeltaMedia.

Neste sentido, o ex-azulgrana apunta que defender “un escudo” que gozaches desde pequeno –o seu pai Mazinho xogou no Celta– é “algo moi grande”.

“É algo que mamas desde pequeno, que sentes, non se pode explicar”, subliñou o hispano-brasileiro, quen confesou que a pasada tempada o pasou “mal” e “con nervios” pola delicada situación clasificatoria dos celestes.

“A metade de tempada víase moi negro, as cousas estaban moi mal”, rememorou Rafinha, antes de engadir: “Ata o último partido si que non estaba asegurado, pero nos últimos partidos estaba con máis confianza de que o equipo se ía salvar”.

Recoñeceu que viviu con incerteza os últimos días do mercado de fichaxes: “Sempre é complicado non saber que vai pasar, estaba ilusionado por vir e nervioso ao mesmo tempo de que pasará”. E confesou que as lesións lle fixeron ser “outra persoa”.

“Cada vez estou mellor, con máis ritmo de partido, adaptándome aos compañeiros, á nova formación do equipo. Aos poucos estou con máis confianza”, destacou

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...