InicioDeportesO Concello de Vigo licitará en agosto a reforma da bancada de...

O Concello de Vigo licitará en agosto a reforma da bancada de Marcador en Balaídos e prevé a adxudicación no outono

PUBLICADO O

O goberno municipal de Vigo licitará a obra de reforma da bancada de Marcador, no estadio Abanca-Balaídos, no mes de agosto, e prevé adxudicar os traballos “no outono”, segundo informou este venres en rolda de prensa o alcalde olívico, Abel Caballero.

O rexedor lembrou que a obra se enmarca nun convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra por valor de 13,8 millóns de euros, e proclamou que a reforma “xa vai a velocidade de cruceiro”.

Así, segundo detallou, a obra de Marcador prevé a construción de 6.700 asentos (un centenar máis dos que había), ademais de 8 ascensores e novos accesos e comunicacións. A bancada aproximarase ao terreo de xogo, ata quedar a uns 8 metros do campo.

A actuación en Marcador comprende 13.400 metros cadrados, aos que hai que sumar outros 2.600 metros destinados a usos comerciais. Segundo aclarou o alcalde, os locais comerciais “sacaranse a concurso, pero o Concello non os vai a explotar”.

Gustaríame saber por que a Xunta non coopera nesta obra. O R.C.Celta é o único equipo de Galicia en Primeira División e non dedica nin un céntimo á reforma do estadio”, engadiu Caballero.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...