O celtismo demostra por que é a mellor afección da Liga

A afección do Celta recibe o equipo antes do partido contra o FC Barcelona / Miguel Núñez.

A mellor afección da Liga española volveu demostrar por que vén de recibir esta distinción de LaLiga e Aficiones Unidas. Milleiros de celtistas recibiron de novo con enorme fervor o equipo para contaxiarlle a súa afouteza nos minutos previos ao transcendental partido contra o FC Barcelona. A entrega do galardón efectuouse nos prolegómenos dun partido que o Celta gañou 2-0 (goles de Maxi Gómez e Iago Aspas), o que o achega á permanencia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here