InicioDeportesAs mellores imaxes do Torneo Internacional de Fútbol Gaélico Reconquista de Vigo

As mellores imaxes do Torneo Internacional de Fútbol Gaélico Reconquista de Vigo

PUBLICADO O

O pasado sábado celebrouse no Campo da Mina, en Castrelos, o II Torneo Internacional de Fútbol Gaélico Reconquista de Vigo, organizado por Keltoi Vigo GAC. Tras o éxito da primeira edición, neste 2019 achegáronse ata a cidade olívica equipos de Irlanda e da Bretaña francesa: Lorient tivo representación tanto feminina coma masculina, e de Irlanda contouse coas rapazas do GMIT de Mayo e cos rapaces do Cavan Stags.

Na categoría masculina, o equipo local alzouse coa vitoria nunha final moi reñida cos invitados irlandeses; o partido da final feminina, tras un intenso triangular, saldouse con vitoria das GMIT ante as bretoas. Ademais, as rapazas e rapaces da Keltoi Academy, de entre 8 e 14 anos, tiveron a oportunidade de xogar co equipo de Mecos, que aproveitaron a ocasión para achegarse a Vigo dende O Grove.

O torneo desenvolveuse nun ambiente festivo e completouse cunha cea de confraternización na que participaron todos os equipos, facendo gala dos valores que o fútbol gaélico representa a nivel mundial e tamén en Galicia.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

O PP cualifica de “intento de nacionalización” a auditoría que pide o BNG do novo concerto con POVISA

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou o que considera un intento de...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...