Vinícius abandona con “chularía” e entre asubíos o campo do Celta B: o brasileiro queda fóra do clásico Barça-Real Madrid

Vinicius provoca os seareiros do Celta B no campo de Barreiro.

Din que Vinícius Jr. é unha das grandes promesas do fútbol mundial. Pero este domingo demostrou en Barreiro, no campo do Real Club Celta B, que tamén fai méritos para ser un deses xogadores amados polos seus e detestados polo resto de afeccións, seguindo o exemplo do seu compatriota Neymar.

Vinícius, a nova promesa do Real Madrid, deixou este domingo en Vigo o seu selo de identidade e tamén imaxes polémicas: soberbio golpeo do balón e soberbia na súa personalidade.

O xogador brasileiro, que marcou un excepcional gol de falta ao Celta B no campo de Barreiro, postulou a súa candidatura ao futbolista máis “propotente” desta categoría do fútbol español.

Adquirido por 45 millóns de euros, cáusenlle os goles en 2ºb pero se cadra un xogador dese valor económico debería estar cando menos cedido nun equipo de Segunda, e non onde os millóns non se moven nesa magnitude nin ningunha outra. Ninguén podería adiviñar esta situación para o crack cando chegou a Valdebebas e besou o escudo do Real Madrid por primeira vez.

Pero retornando ao acontecido en Barreiro, primeiro provocou a bancada tras meter o seu gol, exhibindo cara os afeccionados a camiseta e o escudo.

E logo, nun lance do xogo, foi expulsado do partido por dobre amarilla, tras simular unha falta e protestar, tralo cal se volveu de novo cara a bancada de Barreiro sinalando o signo merengue e provocando os seareiros.

A expulsión impide que Vinicius poida ser convocado a próxima fin de semana co primeiro equipo do Real Madrid para xogar o clásico contra o FC Barcelona.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here