InicioCulturaSkepta, o concerto máis rabioso do Festival Paredes de Coura: a adrenalina,...

Skepta, o concerto máis rabioso do Festival Paredes de Coura: a adrenalina, polas nubes

PUBLICADO O

O Festival Paredes de Coura é un dos maiores festivais da Península, comparable ao FIB de Benicàssim ou o BBK de Bilbao, e polo tanto o gran festival que os galegos temos máis a man. Para desfrutar de música diversa e de calidade, miles de melómanos da nosa comunidade achegáronse a Portugal entre o 15 e o 19 de agosto.

E o Paredes de Coura 2018 foi heteroxéneo por riba de todo. Despois da actuación dos  calmados, emocionais e virtuosos Slowdive, chegou a rabia hip-hop de Skepta. Os seus temas, xa enérxicos de por si na versión de estudio, convertidos en bombas de reloxería sobre o escenario da Praia Fluvial.

Skepta / Miguel Nuñez

Foi unha hora de concerto, e non puido durar máis porque na última canción xa pareceu todo a piques de rebentar. Comezou cunha serea policial e asustaba velo. O público, cheo de rabia, formou unha batalla campal consentida no centro do auditorio, voaban ata o foso de dous en dous e regresaban de novo. E saltaban outra vez.

Skepta/Miguel Nuñez

Aínda que Skepta parase un pouco entre canción e canción, esa chispa non había quen a apagara. Foi unha exaltación da forza, do descontento da mocidade, que por momentos deron a sensación de verdadeiro perigo, atendida cunha enorme profesionalidade polo persoal de seguridade e sanitario do festival, nun dos seus concertos máis difíciles de xestionar.

Skepta/ Miguel Nuñez

Fronte ao escenario, atendían a persoas con feridas leves. Estar na primeira fila tivo que ser abafante. Todo se movía a velocidade infernal. Pensar no acontecido durante o Marisquiño en Vigo, aínda non tendo nada que ver, era inevitable.

Skepta / Miguel Nuñez

Afortunadamente, todos os feridos de Vigo están a recuperarse favorablemente despois dunha das súas noites máis amargas e en Paredes de Coura non aconteceu ningunha desgraza porque todos eses golpes, saltos e empurróns eran pura efervescencia xuvenil sen rencores.

E a pesar de que había nenos pequenos polo auditorio, non aconteceu ningunha desgraza cun público en realidade amable e educado, que te empurraba cinco metros no epicentro da contenda pero pedía desculpas se te pisaba sesenta metros fóra del. Iso si, no espazo non seguro, ben delimitado por ocos baleiros que se volvían apertados en cuestión de segundos, entrabas baixo a túa propia responsabilidade.

Skepta / Miguel Nuñez

E, cando Skepta abandonou a escena, cada un regresou á súa casa ou á súa tenda cun sorriso de orella a orella. O acontecido recordou por momentos a aqueles Nirvana que canalizaran toda a rabia dunha xeración que se sentía perdida (como todas), daqueles primeiros concertos de Jesus and Mary Chain que sempre terminaban en disturbios.

Skepta / Miguel Nuñez
Skepta / Miguel Nuñez

E este sábado ofreceu en Paredes de Coura un concerto catártico aos seus miles de espectadores. El pedía máis enerxía, a recibía. Poñer fin ao verán a tope de adrenalina. E despois tocaron as Pussy Riot.

Pero a diferencia é que as Pussy Riot provocan a tolemia se tocan nunha igrexa. Skepta pode conseguila no escenario principal dun festival.

Skepta / Miguel Nuñez

XORNAL DE VIGO VISITA PAREDES DE COURA

Concerto de Slowdive: Centos de vigueses visitaron o Festival Paredes de Coura… e Slowdive levounos ata un lugar sen nome

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...