InicioCulturaO concurso Pequestrelas busca crianzas con talento nalgunha disciplina artística

O concurso Pequestrelas busca crianzas con talento nalgunha disciplina artística

A produtora de televisión Línea Press realizará un total de catro cásting todos os xoves de xuño na rúa Concepción Arenal de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concurso de talentos Pequestrelas busca crianzas de entre 6 e 18 anos que destaquen en calquera disciplina artística: canto, baile, maxia, interpretación… A produtora de televisión Línea Press realizará un total de catro cásting todos os xoves de xuño (días 9, 16, 23 e 30) ás 20:00 horas na rúa Concepción Arenal nº8 de Vigo. 

Nestas probas, un xurado profesional valorará as actuacións e elixirá as mellores crianzas. Os cástings serán a porta aberta ao público coa limitación de aforo pertinente. E a rapazada finalista xogará a final o primeiro venres do mes de xullo nos Xardíns de Concepción Arenal, explica a produtora, que impulsa este concurso co apoio da Xunta de Galicia. 

As inscripcións para participar abriranse durante o mes de xuño a través das redes sociais de Pequestrelas, no teléfono 617306234 ou no correo electrónico lineaprensaeuropa@gmail.com. 

Entre os premios atópanse bolsas para estudar e cursar estudos musicais en Mayeusis (Vigo), a gravación dunha canción nun estudo profesional, a realización dun videoclip e entradas para o Parque da Warner de Madrid. Ademais, todas as crianzas participantes obterán un diploma que acredita a súa participación no concurso. 

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...