InicioCulturaFinaliza o Festival de Cans con máis de cen contratos asinados

Finaliza o Festival de Cans con máis de cen contratos asinados

Así mesmo, a organización do Festival de Cans destaca que "a maioría das persoas contratadas pertencen ao concello do Porriño, moitos deles á aldea de Cans", mentres que o resto son de municipios próximos como Mos, Salceda de Caselas ou Ponteareas.

PUBLICADO O

O Festival de Cans, celebrado na aldea homónima do Porriño, pechou a súa XIX edición cun “gran éxito de público” con máis de 10.000 visitantes e cun impaco socioeconómico de 134 contratos con provedores, fronte aos 121 do ano pasado.

Ademais, segundo informa a organización do evento, destes 134 contratos, aproximadamente medio centenar foron con negocios de proximidade, “moitas delas pemes e empresas familiares, seguindo a filosofía ‘quilómetro 0’ do certame”. En concreto, estas compañías prestaron servizos de cáterin, imprenta, ferraxaría, papelería, asesoría ou de limpeza de terreos, entre outros.

Máis en detalle, 64 foron contratacións directas relacionadas con áreas de produción, ‘merchandising’, transporte ou traballo en barras; 22 de autónomos especializados en comunicación, vídeo, fotografía, redes sociais, deseño gráfico e programación; e 48 contratacións indirectas de empresas que prestaron servizos como limpeza e hixiene, seguridade privada, montaxe e desmonte de carpa, e loxística.

Así mesmo, a organización do Festival de Cans destaca que “a maioría das persoas contratadas pertencen ao concello do Porriño, moitos deles á aldea de Cans”, mentres que o resto son de municipios próximos como Mos, Salceda de Caselas ou Ponteareas.

O certame tamén reivindica o seu impacto positivo na restauración, no comercio local e nos establecementos hostaleiros, que rexistraron no fin de semana forte do festival –celebrado do 18 ao 21 de maio– un “100% de ocupación”.

Entre todos os visitantes, había persoas chegadas desde países como Francia, Inglaterra e Portugal, así como doutros lugares do Estado como Madrid, Barcelona, Mallorca, Logroño, León ou Valencia.

O Festival de Cans tamén subliña a articulación dun plan de mobilidade que propiciou que máis de 3.000 persoas empregasen autobuses para ir á aldea, ademais do “comportamento exemplar do público”, dado que o equipo médico do evento “apenas tivo dúas incidencias leves”.

ÚLTIMAS

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

Os 15 pediatras que obtiveron praza por concurso de méritos na área de Vigo teñen ata o 18 de abril para incorporarse

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente dúas resolucións que adxudicaron a 70...

Un milleiro de bailaríns, inscritos xa na XII edición de Vigo Porté, que traerá danza e música ás rúas da cidade a finais de...

Un milleiro de bailaríns inscribíronse xa na XII edición de Vigo Portei, desde que...

Constitúese a plataforma “Vigo verde -Salvemos a Barrorca” para rexeitar a talla da Carballeira de Casaliños en Navia

"Este mesmo domingo 17 de marzo, a plataforma "Vigo verde -Salvemos a Barrorca" organiza...