InicioCulturaMayumaná actuará o 18 de setembro en Vigo

Mayumaná actuará o 18 de setembro en Vigo

Presentará o seu novo espectáculo 'Currents' no marco do Ciclo Xacobeo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o próximo 18 de setembro a banda de percusión israelí Mayumaná, que presentará o seu novo espect´áculo ‘Currents’ no marco do ciclo de artistas internacionais Xacobeo Vigo.

Tal como informaron os organizadores, a banda, que actuou en máis de 20 países, presentará na cidade este espectáculo inspirado na ‘Batalla das correntes’, a disputa histórica que mantiveron os dous empresarios e inventores Thomas Alva Edison, creador da corrente continua, e Nikola Tesla, da corrente alterna que se utiliza hoxe en día.

O auditorio subliñou que os concertos do Ciclo Xacobeo Vigo están a ter unha “gran demanda” de entradas desde que foron anunciados, con algúns deles camiño de esgotar localidades.

É o caso de Texas, que actuará na terraza o 9 de agosto e restan menos de 150 entradas para colgar o cartel de cheo. Steve Vai (17 de xullo), Fat Freddy’s Drop (6 de xullo), Yann Tiersen (22 de xullo) ou Cimafunk (26 de agosto) son outros dos artistas que visitarán a cidade.

Ademais, o Mar de Vigo tamén suma á súa programación habitual o ballet de ‘O Lago dos Cisnes’, interpretado polo Ballet Clásico de Ucraína.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...