InicioCulturaAstronomía para todos os públicos en dous obradoiros organizados pola UVigo

Astronomía para todos os públicos en dous obradoiros organizados pola UVigo

Forman parte do plan de actividades 'Ciencia de ida e volta', co financiamento da Fecyt.

PUBLICADO O

Achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo ao público xeral e, en especial, a un público familiar. Este é a idea dos obradoiros de astronomía Astrofamilias, unha nova iniciativa posta en marcha pola Universidade de Vigo dentro do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta. Serán este xoves pola tarde, a partir das 17.00 horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Avenida de Beiramar, 55).

Para impartir os talleres contarase coa participación de Ana Ulla, astrofísica e investigadora da Universidade de Vigo, e Adolfo García, capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico.

Cada un deles farase cargo dun obradoiro de arredor dunha hora de duración. O de Ana Ulla centrarase no funcionamento das estrelas e o de Adolfo García consistirá nunha visita ao planetario na que el exercerá como guía. Divididos en dúas quendas, o grupo 1 visitará primeiro o planetario –de 17.00 a 18.00 horas- e logo asistirá ao taller sobre o funcionamento das estrelas –de 18.00 a 19.00 horas- e o grupo 2 gozará, en orde inversa, destas mesmas actividades.

Esta acción, organizada desde a Unidade de Cultura Científica,  conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), dependente do Ministerio de Ciencia y Tecnología, e a colaboración do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico. O obradoiro lanzouse o pasado venres e en apenas dous días xa se cubriron as 50 prazas dispoñibles.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...