InicioCultura(Videoclip) Cangas e Vigo, escenarios do último tema das Tanxugueiras

(Videoclip) Cangas e Vigo, escenarios do último tema das Tanxugueiras

Con Pano Corado as pandereiteiras “rebentan as vellas cadeas dos amores presidiarios” e lanzan un himno LGTBQI+ que reivindica a liberdade de amar a quen desexe cadaquén .

PUBLICADO O

Tanxugueiras lanza este venres o seu novo sinxelo, Pano Corado, un himno no que as cantareiras reivindican o amor libre e a diversidade. O tema, que formará parte do seu terceiro disco, xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e acompáñase dun colorido videoclip que se pode ver en Youtube.  
Pano Corado nace como unha reivindicación á liberdade e de celebración da diversidade sexual e de xénero. “Queremos normalizar o amor e a vida. Queremos derrubar barreiras. Que cadaquén se sinta libre de amar a quen queira, que cadaquén goce do amor, da vida, de si mesma, da súa sexualidade ou da súa identidade como queira”, apuntan as pandeireteiras, autoras do tema que co-producen xunto a Iago Pico (Pouland Studios). 
Tal e como é habitual nos cantos e vídeos das cantareiras, os elementos tradicionais teñen un papel fundamental. Neste caso o pano, unha das pezas centrais do traxe tradicional, é o protagonista, transformado nesta ocasión nun pano con todas as cores. “Arróupame arquiño vello/ arróupame arco corado/ rebenta as vellas cadeas dos amores presidiarios”, claman Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro no seu novo tema, unha rumba na que queren facer unha chiscadela especial “ás persoas LGTBQI+ e ás que non se senten aceptadas por ver ou entender o amor desde unha perspectiva diferente á heteronormativa”. Neste sentido, as pandeireteiras inciden no seu interese de chegar, con esta canción, a todas nenas e nenos que as seguen. “Queremos que saiban e vexan que teñen referentes que as entenden, que as apoian e que celebran a diversidade”, apuntan.  

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...