InicioCulturaChega o Festival de Monicreques de Redondela

Chega o Festival de Monicreques de Redondela

Encherá de cultura as rúas do concello do 12 ao 17 de maio.

PUBLICADO O

A organización do XXIII Festival de Monicreques de Redondela Memorial Juanjo Amoedo presentou este martes a programación completa do evento, que terán lugar do 12 ao 17 de maio, con máis de 60 funcións e actividades complementarias.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, destacou o labor de promoción e “dignificación” do teatro de monicreques por parte do festival redondelano, e o valor engadido das súas actividades formativas e divulgativas.

Ademais, puxo en valor a importante presenza de compañías galegas na súa programación, ademais de funcións doutras compañías de numerosos puntos de España, e de países como Portugal, Arxentina, Eslovenia, Francia, Israel ou Italia.

Como en anos anteriores, o multiusos da Xunqueira será sede da programación en sala, e haberá numerosas actuacións e funcións ao aire libre. Ademais, Redondela contará coa instalación Ingenii Machina, da compañía Alauda Teatro, co mercado e coa habitual sección ‘Monicreques pola Gorra’, ademais dunha exposición sobre os 40 anos de traxectoria de Tanxarina Monicreques.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...