InicioCulturaO Concello de Vigo pedirá 3,5 millóns ao Mitma para rehabilitar Pazo...

O Concello de Vigo pedirá 3,5 millóns ao Mitma para rehabilitar Pazo da Raposeira e mellorar Quiñones de León

PUBLICADO O

O Concello de Vigo solicitará 3,5 millóns de euros ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, para rehabilitar o Pazo da Raposeira e para acometer melloras no Pazo Quiñones de León en Castrelos.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, que concretou que se destinarán 1,9 millóns a recuperar o Pazo da Raposeira, en Sárdoma. Neste caso, actuarase sobre a edificación e sobre a leira, e destinarase cando estea terminado a uso cidadán.

No caso de Castrelos, pediranse 1,6 millóns de euros para a renovación da carpintaría e para a mellora da eficiencia enerxética do inmoble. Así mesmo, instalarase un sistema de climatización para garantir a conservación das obras de artes e o benestar dos visitantes.

Por outra banda, o rexedor informou da licitación do contrato de mantemento da iluminación pública, que terá un custo duns 3 millóns de euros anuais, e lembrou que o goberno local xa está a acometer a mellora da iluminación na cidade, coa renovación de 4.000 puntos de luz e un orzamento de 2,1 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...