As rúas de Vigo énchense de danza este sábado

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, en colaboración co Concello de Vigo, organiza espectáculos en cinco zonas diferentes da cidade con motivo do Día Internacional da Danza.

Baile tradicional galego/ Laura Varela

A danza volve as rúas de Vigo con todas as ganas de ser celebrada. Con motivo dun novo Día Internacional da Danza, que se conmemora este sábado, 30 de abril, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, en colaboración co Concello de Vigo, organiza un conxunto de espectáculos que se espallarán por cinco zonas diferentes das cidade.

Trátase, en concreto, da zona de Teis, O Calvario, Praza da Independencia, Bouzas e a Rúa do Príncipe, onde se celebrará o acto principal. En cada localización terán lugar actuacións de dúas agrupacións municipais diferentes, que comezarán simultaneamente ás 19:00h. 

Así, para a edición deste ano, o Día da Danza celebrarase da man dos grupos A.C.F. O Fiadeiro e A.F.T. Os Ventos de Comesaña (na Rúa do Príncipe), A.F. Andarela e A. Monteira Danzas do Mundo (na Praza da Independencia), A.F. Froles Novas e A.C.F. Tarambainas (na Praza Barrio das Flores de Teis), A.F. Corisco e A.F. Queixumes (na Alameda de Bouzas), e G.B. Amieiras de Valladares e G.B. Semente da Arte Galega (na rúa Peonil do Calvario). 

A asistencia a todos os eventos é gratuíta.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here