InicioCulturaTaburete esgota as entradas para o Festival Terraceo de Vigo

Taburete esgota as entradas para o Festival Terraceo de Vigo

PUBLICADO O

A banda Taburete, que actuará no Festival Terraceo de Vigo o próximo 14 de maio, esgotou xa as localidades para o concerto, a pouco menos dun mes para a cita, na que tamén estará Carla Lourdes.

Do mesmo xeito que ocorrera na edición de 2021, este grupo madrileño comandado por Willy Bárcenas, colgou o cartel de ‘sold out’ días antes do evento, que ten lugar na terraza do Auditorio Mar de Vigo.

A organización do Festival advertiu de que hai outras actuacións que están a punto esgotar localidades, como as de Hens (13 de maio), Lila Downs e Sés (9 de xullo), ou o concerto de Delafé e as Flores Azuless (única actuación en Galicia, o 27 de agosto).

A terceira edición de Terraceo arrincará o 6 de maio coas actuacións de Annie B Sweet e Law; e o 7 de maio terá lugar o concerto do dúo de música electrónica Digitalism, e de Mwëslee.

Ao longo das seguintes semanas, xa se confirmaron as actuacións de Hens, Ladilla Rusa, Xisco Feijóo, A banda da Loba, Anxo Stanich, Lila Downs e Sés, Berto, Soleá Morente, Delafé e as Flores Azules, entre outros. Toda a programación, prezos e descontos pode consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e en www.teuticket.com.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...