InicioCulturaO Marisquiño suma máis escenarios en 2022 e traslada o skate á...

O Marisquiño suma máis escenarios en 2022 e traslada o skate á praia de Samil na súa primeira edición tras a pandemia

Caballero confirma unha nova filosofía no festival: "Que trema California, que imos a por eles"

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto co director do Marisquiño, Joako Ezpeleta, e o organizador do Festival, Pity Domínguez, anunciou este sábado que as probas de skate do festival O Marisquiño realizaranse este ano na praia de Samil, sumando por tanto este espazo ao do porto.

O evento, que se celebra a segunda semana de agosto, retómase despois dos dous últimos anos de parón pola pandemia provocada polo coronavirus, polo que a última edición que celebrou foi en 2019, un ano despois do accidente que se produciu durante un dos concertos na zona portuaria.

No acto deste sábado, alcalde e organizadores explicaron que as actividades de skate levarán a cabo no aparcadoiro do centro da praia de Samil, polo que as vistas serán o mar e ás Illas Cíes. Ante esta nova localización, Caballero confirma unha nova filosofía no festival: “Que trema California, que imos a por eles”.

Esta redistribución dos escenarios do Marisquiño débese principalmente á necesidade de espazo para ampliar o número de asistentes, pero tamén á intención de conectar cun público interesado no skate como novo deporte olímpico. Por outra banda, os organizadores do Marisquiño sinalaron a importancia desta distribución de espazos co obxectivo de que haxa unha deslocalización, creando un retorno económico nas empresas da zona. A finalidade é cambiar a visión global de Vigo como cidade industrial para pasar a situarse nas axendas turísticas a nivel nacional e internacional.

PLAN DE TRANSPORTE E MOBILIDADE

Esta nova planificación do festival virá acompañada dun Plan de Transporte e Mobilidade específico por parte do Concello de Vigo en colaboración con Avanza, Vitrasa, Renfe e Mar de Ons para a coordinación mutua á hora de que os asistentes ao festival se poidan desprazar dunha maneira sustentable.

Por último, confirmaron a súa intención de ampliar os horarios, establecendo o festival de xoves a domingo para poder dedicar o xoves ás familias. Anunciaron a celebración de talleres para nenos, e que os propios circuítos estarán a disposición dos mozos de 8 a 14 anos para o seu uso ata as 20,00 horas da tarde do xoves.

Os organizadores desta cita declararon que esta expansión do Marisquiño ten as miras postas en 2025, ano no que o evento cumpre o seu 25º aniversario. Buscan “ser os mellores” e que o festival estea consolidado para ese ano como “o primeiro a nivel mundial”, apuntaron.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...