InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta inscribe a Torre de Fornelos, en Crecente, no Rexistro de...

A Xunta inscribe a Torre de Fornelos, en Crecente, no Rexistro de BICs

Foi destruída nas guerras Irmandiñas e levantada por Pedro Madruga.

PUBLICADO O

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a resolución da Consellería de Cultura pola que se inscribe a Torre de Fornelos, no municipio pontevedrés de Crecente, no Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC), tras a solicitude presentada a finais de 2020 por este Concello.

A Torre quedará inscrita como ben inmoble na categoría de monumento, ao tratarse dunha edificación defensiva construída con anterioridade a 1849. O Concello de Crecente presentou en decembro de 2020 unha solicitude na Xunta de Galicia para que se declarase Ben de Interese Cultural esta torre, situada no lugar do Lameiro, na parroquia de San Pedro de Crecente.

Segundo a normativa de patrimonio cultural de Galicia, terán a consideración de bens de interese cultural aqueles que, polo seu carácter máis singular en Galicia, sexan declarados como tales por ministerio da lei ou mediante decreto do Consello da Xunta (a proposta da consellería competente en materia de patrimonio cultural). Ademais, establece que unha das consideracións dos BIC é a establecida para a arquitectura defensiva, o que inclúe castelos e torres, construída antes de 1849.

A documentación presentada polo Concello de Crecente e a que ten a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural “acreditan a condición da Torre de Fornelos como un elemento propio da arquitectura defensiva construída antes de 1849 e mantén, actualmente, as suficientes condicións de integridade e autenticidade para xustificalo”.

TORRE MEDIEVAL

Segundo recóllese na web do Concello de Crecente, a Torre de Fornelos é unha construción da Idade Media, e a primeira referencia documental sobre ela data do século XII. Atópase emprazada na marxe dereita do río Ribadil e forma parte dunha estrutura da que só se conservan a torre da homenaxe, e restos da muralla e construcións anexas.

A torre ten base cadrada e unha altura máxima de case 20 metros, e atópase en estado case ruinoso. A súa importancia histórica reflíctese no feito de que é frecuentemente nomeada nas loitas entre Alfonso VII, rei de Galicia, co seu primo Alfonso Enríquez, rei de Portugal.

Sancho I de Portugal doou o lugar aos fundadores da Casa de Fornelos pero na segunda metade do s.XV, as revoltas ‘irmandiñas’ esnaquizaron o castelo de Fornelos, que foi logo reconstruído por Pedro Madruga.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...