O Plan Especial para a Biblioteca do Estado en Vigo terá avaliación ambiental simplificada e aprobarase en febreiro

Caballero lembra que "Vigo é a máis importante cidade de España sen Biblioteca Pública do Estado".

O alcalde de Vigo, Abel Caballero / Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo.

O Concello de Vigo prevé para o mes de febreiro a aprobación inicial do Plan Especial que permitirá recalificar o chan onde se construirá a Biblioteca do Estado, e confirmou que a avaliación ambiental será simplificada, porque cumpre os requisitos, o que permitirá “aforrar un ano” de tramitación.

Así o explicouo alcalde, Abel Caballero, quen sinalou que a aprobación definitiva dese Plan Especial podería producirse en setembro de 2022. “Os técnicos do Ministerio xa estiveron en Vigo, viron o espazo, coñecen o Plan (…) e o Goberno empezará a redactar o proxecto, para facer a contratación da obra cando estea a recualificación”, engadiu.

Abel Caballero denunciou que “Vigo é a máis importante cidade de España sen Biblioteca Pública do Estado” e que, a pesar da “oposición feroz” da Xunta, o propio ministro Iceta lle ratificou¡ que levará a cabo esta obra. “A lei anterior só contemplaba Bibliotecas do Estado nas capitais de provincia, eu conseguín que se cambiase a lei”, apuntou o rexedor, quen sinalou que esa infraestrutura cultural contará cuns 5.000 metros cadrados, ademais de 4.000 metros cadrados de zonas verdes.