InicioCulturaUn auditorio de Castrelos cheo ata rebentar demostra a Maná que nunca...

Un auditorio de Castrelos cheo ata rebentar demostra a Maná que nunca serán esquecidos

PUBLICADO O

“Sola en el olvido. Sola, sola con su espíritu. Sola, con su amor, el mar. Sola, en el muelle de san Blas. Se quedó, se quedó sola, sola”. Esta é parte da letra dunha das cancións máis afamadas de Maná, “En el muelle de San Blas”.

Pois a tenor dos feitos, cando na madrugada deste día, entre o 23 e o 24 de xullo, o Auditorio de Castrelos rexistrou un cheo histórico do que resulta difícil atopar precedentes, Maná pode que non ocupe as portadas cos seus novos lanzamentos, pero nunca se borrará a súa estampa. Xa dende a tarde acampaban os seus fans para agardar a apoteose da noitiña.

Foi un concerto moi desfrutado, no que Maná non só mostrou o seu repertorio, que era o obxectivo principal dos milleiros de persoas reunidas na “Finca da Marquesa”, senón que amosou tamén un apaixonante virtuosismo. Nada que reprochar a uns músicos que tocaron ata as tantas e deixaron afónico medio Vigo.

Como nota de cor, que vestiran a camiseta do Celta, máis concretamente a do mundialista Iago Aspas, e que Abel Caballero saltara á escena para rememorar de novo a “altura” de Vigo, e comparala coas maiores urbes do mundo.

Abel Caballero/ Miguel Núñez

Maná leva décadas no máis alto do pop rock latino, e a xeración dos 80 e 90 creceu baixo o peso das súas composicións. Este luns demostraron en Vigo que poden dignificar aínda máis en directo a súa traxectoria. Esta galería de fotos tenta probar o delito. Deixar afónica a unha cidade.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...