A xeración poética viguesa dos 80… Cando Vigo era máis que Os Resentidos

No ano 1988 no IES da Guía celebrouse un Recital poético no que participou Xela Arias. Este é o punto de partida dun documental que analiza o que supuxo toda unha nova xeración de escritores e poetas vigueses que se deron a coñecer nos anos 80.

Xela Arias / RAG

No ano 1988 no IES da Guía celebrouse un Recital poético no que participou Xela Arias. Precisamente, e con motivo do Día das Letras Galegas, a Federación Olívica de Pais e Nais de Alumnos de Vigo e Comarca ( FOANCAS) acaba de publicar unha reportaxe audiovisual tomando como punto de partida este recital poético e o que supuxeron para a cultura do país esa xeración de escritores e poetas vigueses dos oitenta na que estaba Xela Arias.

É unha reflexión sobre que acontecía aqueles anos coa sociedade, cultura e lingua galega e comparar un pouco co que acontece hoxe“, indican. O vídeo pretende ser unha homenaxe a aqueles “que tanto fixeron pola nosa lingua e cultura e unha reflexión sobre o que temos que facer hoxe para tomar o seu relevo”. 

A produción está realizada por Acorda Cultura Cooperativa, de Joam Lombardero, os contactos de Enrique Parceiro e a colaboración desinteresada de Roi Durán, Silvia Penas, Pepe Cáccamo, Manuel Forcadela, Irene Pérez Pinto, Nélida Cosme Abollo, Marcos Claveiro e Carmen Otero, Mirian Rodríguez e Pablo Kaufmann.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here