A Guarda, a vista de paxaro coas fotografías de Pablo Lubiáns

Pablo Lubiáns/ Concello de A Guarda

A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 27 de xullo a Exposición
“Cambia de Perspectiva” de Pablo Lubiáns, unha mostra de 15 fotografías aéreas
capturadas cun drone e que amosan diferentes espazos do municipio cunha perspectiva
fóra do habitual.

“Sen dúbida unha exposición que gustará moito aos amantes da fotografía e aos veciños da
vila, onde coñecerán A Guarda dende un punto de vista diferente, “a vista de paxaro”, subliñaron desde o Concello.

Pablo Lubiáns/ Concello de A Guarda

Pablo Lubians é o fundador da empresa pontevedresa Voando Drone, especializada en
traballos aéreos con drones. Cunha longa experiencia neste tipo de traballos ao longo de
toda a xeografía galega, adícase profesionalmente á gravación de fotografía e vídeo aéreo,
inspeccións de obra civil, vixiancia, ou cobertura de eventos deportivos, entre outras.

Pablo Lubiáns/ Concello de A Guarda

A exposición pódese visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de
Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

Pablo Lubiáns/ Concello de A Guarda

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here