Cancelado o concerto de Manuel Carrasco en Vigo “pola situación sanitaria”

O cantante retomará a xira en 2022, pero non inclúe a cidade viguesa.

Manuel Carrasco / Junta de Andalucía.

O cantante Manuel Carrasco aprazou a súa xira ‘La Cruz del Mapa’ a 2022 “pola situación sanitaria actual e a incerteza no curto prazo” derivada da pandemia, segundo informou a compañía organizadora da xira, que deu a coñecer, no entanto, as novas datas previstas de concertos.

Entre eles atópase a actuación que estaba prevista o 24 de xuño deste ano no Auditorio de Castrelos en Vigo), que tamén foi cancelada.

Segundo informa a compañía, aqueles que queiran asistir á xira nas novas datas e teñan entrada, non terán que facer ningunha xestión adicional. De feito, para premiar a fidelidade dos fans, realizarase un concerto exclusivo e inédito en streaming para aqueles que conserven as súas entradas.

Nas novas datas non figura Vigo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here