InicioSociedadeO festival Vive Nigrán celebrará en xullo a súa quinta edición

O festival Vive Nigrán celebrará en xullo a súa quinta edición

O festival comezará a nova edición co grupo Sidecars.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival Vive Nigrán, que se celebra na localidade pontevedresa de Nigrán, celebrará en xullo a súa quinta edición, na que recuperará a súa localización no campo de fútbol de Monte Lourido e contará con Sidecars como o seu primeiro grupo confirmado.

Así, tras a celebración en 2020 dunha ‘Picnic Club Edition’ para adaptarse ás restricións sanitarias polo covid-19, este ano o evento regresa á súa localización habitual, aínda que adoptará un formato especial con asentos e aforamentos limitados.

Neste marco, Sidecars é o primeiro grupo confirmado para a edición deste 2021, en concreto para o día 17 de xullo. “Aos poucos irase desvelando o resto do cartel que encherá coa mellor música o terceiro fin de semana de xullo“, avanzaron os organizadores.

As entradas para o primeiro día anunciado xa se puxeron á venda este venres a un prezo inicial de 25 euros máis gastos para as primeiras adquisicións. Ademais, prevese que “proximamente” saian á venda os abonos.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...