InicioCultura"A lectura é un salvavidas para a xente", defende a impulsora dun...

“A lectura é un salvavidas para a xente”, defende a impulsora dun club de lectura

A alumna de Belas Artes levou a cabo esta iniciativa, que súmase aos clubs de escritura, cómic ou baile impulsados nos últimos anos polo alumnado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aisha Rey, alumna de Belas Artes na UVigo, impulsa un club de lectura aberto ao alumnado da facultade e a calquera persoa interesada co obxectivo de “promover un hábito de lectura, crear comunidade arredor dela e diversificar o tipo de libros que le cada membro”, salienta Rey.

“Penso que nestes momentos tan turbulentos e solitarios a lectura sería un bo salvavidas para a xente, non só a nivel cultural, senón tamén para crear comunidade e ampliar círculos sociais entre a xuventude”, defende Rey.

Esta iniciativa, manterá “aberta permanentemente” a súa inscrición, a través do seu perfil de Instagram e, por mor da situación sanitaria, desenvolverá as súas xuntanzas de forma virtual, a través da rede social Discord, “varias veces ao mes se é posible”, explica a alumna.

XUNTANZAS VIRTUAIS

Nestas xuntanzas virtuais comentarase o capítulo ou capítulos asignados para a sesión, “respondendo a preguntas abertas e comentando as impresións de cada membro”, explica a impulsora desta iniciativa. E o libro será escollido polos membros do club a partir dunha serie de opcións propostas por Rey.

Esta iniciativa, xurdida da iniciativa persoal desta estudante e membro da delegación de alumnado, súmase aos clubs de escritura, cómic ou baile impulsados nos últimos anos polo alumnado de Belas Artes.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...