InicioCulturaTui tamén tivo a súa "trinchera infinita" que padeceu o último alcalde...

Tui tamén tivo a súa “trinchera infinita” que padeceu o último alcalde republicano

A súa historia,contada pola xornalista Ana Abad de Larriva, acaba de gañar o I Premio de Microteatro da Memoria.

PUBLICADO O

A actriz e xornalista Ana Abad de Larriva gañou o I Premio de Microteatro da Memoria, convocado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e a Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD), coa peza ‘Un biolo na noite’.

O xurado destacou a obra entre os 22 traballos presentados polo seu empatía ao abordar a situación das mulleres na guerra e na posguerra en Galicia, así como polos recursos teatrais e o “excelente” do tratamento lingüístico.

‘Un biolo na noite’ baséase en feitos reais: a historia de Guillermo Vicente Santiago, o último alcalde republicano de Tui, que logo do golpe franquista -e durante catro anos- viviu escondido nun buraco na adega da casa da súa nai María, onde morreu enfermo de tuberculose e onde tivo tamén que ser enterrado en segredo para que a familia non sufrise represalias.

O eixo central da peza pretende pór en valor a figura de María, quen percorría os montes para ir buscarlle os medicamentos ao seu fillo e vendía roscas na feira para poder mantelo.

PREMIO JULIO CAMBA

Por outra banda, Afundación entregou este mércores, nun acto marcado polas medidas anticovid, a súa XLI Premio de Xornalismo Julio Camba a Luis Pousa polo seu artigo ‘En Madrid chove mal’, publicado en La Voz de Galicia.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...