InicioCulturaEstes son os podcast imprescindibles en 2021

Estes son os podcast imprescindibles en 2021

Eis unha pequena mostra dos proxectos radiofónicos en Internet máis recentes na nosa lingua.

PUBLICADO O

O 2020 foi un ano de vertixe, pero tamén trouxo canda el unha eclosión ben interesante de podcasts en galego a raíz, precisamente, da pandemia e o confinamento. Este formato, que leva as ondas da radio ata o centro da Internet, despuntou neste ano tanto en oferta coma en demanda. Da man de Podgalego, un directorio de podcast que leva uns 14 anos recompilando todos os podcast galegos e en galego, imos facer unha viaxe polos de máis recente creación. Con cal quedas?

CAFÉ DERVY 21

Presentado polos xornalistas Nicolás Carreira, Carme Domínguez e Adrián Lede, este podcast trata unha chea de temas culturais – literatura, series, música, cultura pop… – acompañados dunha persoa convidada diferente cada semana. Por el xa pasaron Marta Veiga, Neves Rodríguez ou Verto. Nacido ao abeiro da revista Luzes, aquí podes escoitalo.

ZONA WIFI – FÓRA DE COBERTURA

Estoutro podcast tamén agromou en tempos de pandemia. Guiado por Xabier Rolán, se o que che interesan son os temas relacionados coa tecnoloxía e a comunicación dixital, este é o teu lugar

MBA – MAL

Da man de Samuel L. París e Alberto Álvarez, esta proposta naceu durante o confinamento ao abeiro da plataforma Zoom, e pode visitarse a través de YouTube, Ivoox, Spotify ou Instagram. Unha chea de contido en clave de humor que podes comezar a desfrutar aquí mesmo

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...