InicioCulturaA Covid obriga a aprazar o concerto da Orquestra Sinfónica Vigo 430...

A Covid obriga a aprazar o concerto da Orquestra Sinfónica Vigo 430 previsto para este martes

PUBLICADO O

O concerto da Orquestra Sinfónica Vigo 430 previsto para este martes na urbe olívica foi aprazado debido á evolución da pandemia da COVID-19.

Segundo lembrou a orquestra, o evento correspondente a este mes, ‘A música de cámara de Beethoven’, contaría coa participación da violinista Lir Vaginsky e enmarcábase no Ciclo de Outono, unha programación patrocinada polo Concello de Vigo para os últimos meses de 2020.

Así, sinalou que a normativa establecida permite celebrar actos con aforamentos “tremendamente reducidos” e que nos últimos meses apostou por celebrar concertos coas medidas de prevención correspondentes. No entanto, decidiu aprazar o evento deste mes ante “o preocupante das cifras da pandemia estas últimas semanas”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...