InicioCulturaA cantante Zahara grava nas zonas arrasadas dos incendios de Nigrán no...

A cantante Zahara grava nas zonas arrasadas dos incendios de Nigrán no 2017 o primeiro episodio de ‘una historia, una canción’

PUBLICADO O

Hai grandes cancións con historias descoñecidas detrás. E tamén hai historias que por parecer pequenas moitas veces foron ignoradas. ‘Una historia, una canción’, un novo proxecto orixinal de Movistar+ tenta levar cancións a esas historias e encher de historias esas cancións.

cantante Zahara ponse á fronte deste novo formato de catro episodios que xa se está gravando en diferentes puntos da xeografía española: Nigrán (Pontevedra), Los Alcázares (Murcia), Cuevas de Cañart (Teruel) e Úbeda (Xaén), a localidade natal de Zahara.

Cada un dos catro episodios tratará temas tan universais como locais: os desastres ecolóxicos e o cambio climático, o amor á terra e as raíces ou a España baleirada.

O primeiro programa gravouse no municipio de Nigrán que en 2017 foi arrasado polos incendios. Zahara puido conversar cos seus veciños sobre as terribles consecuencias do lume, pero tamén sobre a solidariedade ou a heroicidade da xente. A cambio, regaloulles as súas cancións. Ademais, este primeiro programa pecha cun concerto do artista coruñés Xoel López no que tamén participa o ilustre veciño de Vigo Iván Ferreiro e a propia Zahara.

Os seguintes episodios serán gravados durante as próximas semanas en Los Alcázares (Murcia) e Cuevas de Cañart (Teruel), onde Zahara contará coa colaboración do grupo Viva Suecia e do cantautor Guitarricadelafuente respectivamente. Xa en Úbeda (Xaén), a súa localidade natal, atoparase con Martí Perarnau para tocar por primeira vez as cancións de Juno, o seu proxecto conxunto.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

O PP cualifica de “intento de nacionalización” a auditoría que pide o BNG do novo concerto con POVISA

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou o que considera un intento de...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...