O Festival de Jazz de Moaña volve en tempos de covid coa súa edición máis galega

O festival celebrarase os días 14 e 15 de agosto no Arboredo da Xunqueira e contará con grupos como Sumrrá e Wilfried Wilde Quintet.

Cartel do Festival de Jazz de Moaña 2020. /

O Festival de Jazz de Moaña volve este ano o Arboredo de Xunqueira, durante os días 14 e 15 de agosto, cumprindo toda normativa de seguridade e saúde pola crise sanitaria do Covid-19. Esta IV edición será a máis galega de todas, contando con grupos do país na súa maioría.

A delegada de turismo Coral Ríos, o delegado de ensino e deportes Juan Parcero e a tenente alcaldesa Marta Freire, xunto á Asociación de Jazz de Moaña, presentaron este luns, nos xardíns do concello, o cartel do Festival de Jazz de Moaña.

O equipo de goberno e os representantes da Asociación de Jazz de Moaña subliñaron que “O Festival de Jazz de Moaña xa é un dos eventos imprescindibles do programa “Días de Mar” e apuntan tamén que “nesta edición garantiranse as medidas de seguridade necesarias para o correcto desenvolvemento seguindo todas as normativas vixentes”.

O aforo será limitado a 300 persoas e as entradas serán gratuítas e estarán dispoñibles online, na plataforma reservas.gal, e na oficina de turismo, apartir desta semana.

A Asociación de Jazz de Moaña, encargados da produción das actividades din estar “moi contentos, orgullosos, e agradecidos desta nova edición, cun cartel galego de un altísimo nivel”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here