InicioCulturaNace en Nigrán o Season Fest, un festival para tódolos públicos que...

Nace en Nigrán o Season Fest, un festival para tódolos públicos que se celebrará en Praia América

PUBLICADO O

Os días 3, 4 e 5 de agosto celebrarase en Praia América o Stella Maris Season Fest, que mestura concertos para distintos públicos. Os cabezas de cartel, Café Quijano, Dyango e Loquillo, compartirán escenario con algúns dos grupos pop galegos do momento, como Los Árboles ou Chelsea Boots.

O Stella Maris Season Fest nace a raíz da gran acollida que tivo o concerto de Stella Maris e Pablo Milanés no ano 2017, ao que acudiron máis de 6.000 persoas. Por iso, encargouselle á empresa de organización de eventos Elemental Street, que lle dera un empurrón máis ao evento converténdoo nun festival de tres días dirixido a diversos tipos de público de distintas xeracións.

Este festival nace coa intención de reunir a públicos de distintas idades e gustos. Un gran
escenario pegado ao mar e unhas propostas musicais dirixidas a públicos de gustos diferentes. “Ata para a xente que non vai a festivais”, subliñan dende a organización.

Loquillo e Dyango

“Café Quijano chega ao escenario o venres día 3. O grupo mítico dos 90 será teloneado por dous dos grupos do pop galego actual de máis éxito: As Árbores e Gin Tonis. O sábado, pensado para un público distinto, será a quenda da Coral Stella Maris, que homenaxeará a un dos cantantes emblemáticos da canción romántica española: Dyango”, destacan.

O SeasonFest recupera así ao mítico intérprete catalán que cantará os seus temas máis coñecidos. O domingo será a quenda de Loquillo. O público fiel do lendario rockeiro poderá gozar antes do concerto dos Chelsea Boots.

En total, son “sete concertos, djs, a mellor comida servida nunha zona gastro con foodtrucks e actividades paralelas en distintos puntos para toda a familia durante toda as tres xornadas, que cubrirán unha programación de luxo os días 3, 4 e 5 de agosto no Campo de Lourido (Praia América).

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...