InicioCulturaConcello de Vigo e Deputación asinan un convenio para visibilizar a mulleres...

Concello de Vigo e Deputación asinan un convenio para visibilizar a mulleres artistas no museo MARCO

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) foi o escenario, este xoves, da firma dun convenio entre o Concello olívico (a través da Fundación MARCO) e a Deputación de Pontevedra para “visibilizar” ás mulleres artistas na programación desta institución cultural.

A presidenta da Deputación (e primeira tenente de alcalde do consistorio vigués), Carmela Silva, expresou a súa “emoción” pola firma deste acordo, que ratifica “a volta” da institución provincial ao museo vigués, tras “moito tempo” en que non había unha participación “activa” no MARCO.

Silva subliñou que o acordo subscrito este xoves, polo que a Deputación achegará 50.000 euros, permitirá promover a presenza no museo de mulleres artistas, para que non só sexan recoñecidas, senón tamén “coñecidas pola cidadanía”.

Pola súa banda, o alcalde da cidade, Abel Caballero, celebrou o acordo, que enmarcou na cooperación coa Deputación desde que esta é presidida pola socialista Carmela Silva. “Hai 6 anos esta firma non sería posible”, apuntou e engadiu que, con este convenio, “dáse un paso máis” e “a Deputación entra na mobilización cultural” desde o museo MARCO.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...