InicioCulturaO teatro regresará a Cangas entre o 9 e o 18 de...

O teatro regresará a Cangas entre o 9 e o 18 de xullo

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas acollerá talleres, actividades divulgativas, exposicións e representacións de 16 compañías.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebrarase entre o 9 e o 18 de xullo tras ser posposta varias semanas debido á crise sanitaria da COVID-19.

Así o detallou o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, acompañado por representantes das distintas institucións colaboradoras e o equipo artístico e de xestión do evento durante a súa presentación, realizada este martes na localidade pontevedresa.

Deste xeito, Jacobo Sutil valorou a celebración deste evento, cuxa consolidación destacou, e recoñeceu o compromiso dos profesionais do sector coa cultura. Tamén remarcou que os organizadores do encontro mantivesen nesta nova edición a calidade do teatro e a súa defensa na comunidade, así como a aposta por propostas doutros lugares, a implicación da cidadanía e a dinamización da localidade.

En concreto, a mostra teatral contará coas actuacións de 16 compañías escénicas, das que 10 serán galegas, e distintas actividades de formación e difusión relacionadas coa parte lúdica do teatro. Os espectáculos da comunidade incluirán varias estreas, ‘O Monte das Aras’, a cargo de Teatro de Ningures; ‘Hell Brothers’, por CirKompacto; ‘PYKA’, que interpretará Cinema Sticado, e ‘As boas actrices’, que representará Compañía 3.

Ademais, ofrecerase a posta en escena de ‘Commedia’, de Contraproducións; ‘Guerra de identidade’, de DeuVe; ‘Liberto’, de Rebordelos Teatro; ‘Só’, de Xanpatito Pato; ‘Dúas doas que bailan’, de Teatro do Atlántico, e ‘As virxes salvaxes’, de Teatro do Noroeste.

Así mesmo, a mostra acollerá representacións de compañías non galegas. Deste xeito, poderase asistir á representación de ‘Napoleão’, de Companhia do Chapitô (Portugal); ‘Dolce Salato’, da compañía Carpa Diem (Italia) e a coprodución galego-brasileira ‘Circo de Lume’, de Asasocirco. Tamén se ofrecerán a proposta italo-cántabra ‘Punto y Coma’, de El Cruce; a madrileña ‘The Pimitals’, de Producións Yllana e Primital Bross, e ‘Tonbola’, a cargo da compañía vasca HIKA Teatroa.

Adicionalmente, celebrarase o IV Torneo de Dramaturxia, que contará coa colaboración do Centro Dramático Galego. Así, María Lado, Roberto Salgueiro, Marta Pérez e Fernando Castro Paredes competirán neste certame, que conducirá Esther F. Carrodeguas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...