InicioCulturaO artista fronte ás súas obsesións

O artista fronte ás súas obsesións

A sala Sargadelos de Vigo acolle a exposición 'Átopos. Un camino propio'.

PUBLICADO O

‘Átopos. Un camino propio’ é un proxecto artístico comisariado por Alejandro Novoa no que participan tres fotógrafos e dúas creadoras: Miguel Vidal (Pontevedra, 1968), Antonio Gutiérrez (Pontevedra, 1970), Luís Pereira (Redondela, 1970), Verónica Vicente (Pontevedra, 1988) e Alejandra Tier (Vigo, 1982). A exposición que resultou deste encontro pódese visitar na sala Sargadelos de Vigo ata o 16 de maio.

O proxecto comezou sendo unha proposta de reflexión arredor da obsesión como motor de creación na obra de Antonio Gutiérrez, Luís Pereira e Miguel Vidal, fotógrafos profesionais, que á súa vez manteñen unha actividade de creación persoal. A idea rematou converténdose nun observatorio sobre o propio acto creador e os factores que o definen.

E aí entra a participación da artista visual Verónica Vicente, cunha peza ex profeso, que enlaza dunha forma moi sutil os seus traballos “figuras decorativas” e “unha estratexia da aparencia”. Unha peza audiovisual que, xunto ás creacións de Alejandra Tier, interveñen como moduladores da mirada do espectador sobre as obras dos tres fotógrafos.

En definitiva, unha proposta que enfronta os autores co proceso mesmo da creación e as súas obsesións.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...