O multipremiado director de ‘O que arde’ chega a Vigo para falar de guións

Oliver Laxe participará este xoves nun faladoiro na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD).

Cartel promocional do faladoiro que protagoniza o actor e director de cinema Oliver Laxe. XUNTA

O director e actor de cinema Oliver Laxe abordará o guión desde o seu coñecemento mediante o faladoiro ‘Arte e esencia’, na que participará este xoves na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), en Vigo, a partir das 16,30 horas.

O tamén guionista compartirá así o seu modo de entender os textos nos que se reflicte o contido dos filmes e como os aborda.

Ademais, o director de ‘O que arde’ transmitirá a súa experiencia como actor xunto á dramaturga Angélica Lidell, coa que colabora na peza teatral ‘Pai’, que se atopa de xira en Francia neste momento. Así mesmo, durante o evento, que estará presentado pola directora e actriz de teatro Esther F. Carrodeaguas, os asistentes poderán realizarlle preguntas a Oliver Laxe.

En concreto, o faladoiro dará comezo ao programa ‘A voz autoral na escritura dramática’ da ESAD, que contará coa participación de distintos creadores.

Oliver Laxe (París, 1982) foi gañador do Gran Premio da Semana da Crítica en Cannes polo seu traballo en ‘Mimosas’ e distinguido co Premio do Xurado na Sección ‘Un Certias Regard’ pola película ‘O que arde’, que recibiu os premios Goya a Mellor actriz relevación e Mellor dirección de fotografía.