InicioCulturaNace unha nova revista de banda deseñada: A viñeta de Schrödinger

Nace unha nova revista de banda deseñada: A viñeta de Schrödinger

PUBLICADO O

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Ligüística, e o debuxante Kiko da Silva presentaron en Santiago de Compostela o lanzamento dun novo produto cultural en lingua galega que promove a Mesa e estará dirixida polo mesmo Kiko da Silva. O produto será unha revista de banda deseñada (BD) chamada A viñeta de Schrödinguer.

A Mesa leva tempo preocupada pola ausencia do galego en diversos ámbitos como o audiovisual, o empresarial ou o editorial e decidiu promover o nacemento dunha publicación nova en galego dirixida á mocidade.

Para Marcos Maceira, a mocidade viuse afectada no pasado coa desaparición de publicacións e experiencias anteriores no mundo da banda deseñada: “Grazas ás achegas que fan as socias e socios, a Mesa pode involucrarse nun proxecto moi necesario que ofrecerá un produto de boa calidade á poboación galega, nomeadamente a máis moza e dando traballo a creadores e creadoras galegas” apuntou.

Pola súa banda, Kiko da Silva explicou que “malia o grande calidade e prestixio que ten no estranxeiro, a banda deseñada galega, está totalmente esquecida pola Xunta”. Neste sentido, agradeceu a decisión da Mesa por apostar por un produto de banda deseñada que permitirá reunir nunha publicación a creadores e creadoras galegas e tamén internacionais.

“a morte está moi presente na cultura galega”

O obxectivo de A viñeta de Schrödinger é demostrar que se poden facer produtos de calidade en galego para todos os públicos independentemente da lingua que empreguen. O director da nova revista comentou que mostra diso son as subscricións que xa están chegando desde fóra do país.

Kiko da Silva anunciou que son 16 os colaboradores e colaboradoras que farán posíbel sacar unha tiraxe inicial de 1.500 exemplares con 32 páxinas a toda cor, mais que poderían ser até 100 colaboradores e colaboradoras, mostra do talento existente no país e fieis á tradición que se remonta a Castelao, Xaquín Marín ou Miguelanxo Prado que comezaron facendo BD na Galiza.

Rolda de prensa / A Mesa

As autoras e autores serán: Miguelanxo Prado, Fran Bueno Capeáns, Fernando Iglesias Coel, Miguel Robledo, Fernando York, Miriam Iglesias ou escritores como Antonio M. Fraga, Miguel Rojo Paulo Prado, Aldara e Joan Casarramona, Zaida Novoa, Afonso Barreiro e Kiko da Silva. Tamén haberá entrevistas internacionais que darán comezo coa neiorquina Sarah Andersen.

O nome refírese a que “na cultura galega a morte está moi presente coa Santa Compaña, Santo Andrés de Teixido ou mesmo coa lingua galega que moita xente pensa que está morta pero outra moita xente pensa que está viva dándose unha dualidade de estar morta e viva á vez, como o gato de Schrödinguer”.

As persoas que desexen subscribirse poden facelo desde xa na páxina web www.aviñetadeschrodinguer.gal ou www.amesa.gal.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...