A Xunta promete aos alumnos do Conservatorio de Vigo “corrixir as deficiencias” no centro

O padroado do Ifevi adxudica a redacción do proxecto básico e de execución para ampliar o recinto feiral

Conservatorio de Vigo.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, reuniuse este xoves con alumnos do Conservatorio Superior de Música da cidade, dependente da administración autonómica, a quen trasladou o seu compromiso para “corrixir” as deficiencias do centro.

Porro informou aos representantes dos alumnos que remitirá “de forma inmediata” as súas demandas de melloras e subsanación das deficiencias estruturais do Conservatorio á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, “para darlles resposta a través da inspección educativa”.

Así, informou, esas deficiencias “serán arranxadas tras a valoración dos técnicos” e, a ese respecto, Porro reclamará que, dentro da partida de reparacións na área de ensinos artísticos, haxa unha dotación para estas melloras nos orzamentos de 2020.

En canto ao reforzo do persoal de profesores, a delegada adiantou que solicitará “a súa valoración” para dar solución ás “incidencias” deste curso, en base ás demandas dos alumnos.