InicioCulturaSaen á luz as mensaxes que os presos da Guerra Civil escribiron...

Saen á luz as mensaxes que os presos da Guerra Civil escribiron nas paredes do Mosteiro de Oia

Máis de 5.000 persoas estiveron apresadas entre 1937 e 1939 neste complexo fundado no século XII.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os debuxos, calendarios, firmas e proclamas dos presos que, durante a Guerra Civil, escribiron nas paredes do mosteiro de Santa María de Oia foron recuperados e formarán parte dunha exposición que este sábado foi inaugurada no complexo e que permanecerá aberta ata o 15 de decembro.

Trátase dunha mostra que pretende ser unha homenaxe ás máis de 5.000 persoas que, traídas desde toda da xeografía española, foron encarceradas en Oia entre os anos 1937 e 1939.

Nas paredes de xeso deste mosteiro con máis de 800 anos de historia, os presos plasmaron os seus recordos, angustias e creatividade que, a través dun preceso de extracción e restauración, agora se recupera para a súa posta en valor.

Durante máis de 1.500 horas de traballo dun equipo especializado supervisados por expertos de Patrimonio rescatáronse os grafitos da época na que Oia serviu de cárcere para o bando franquista. Trátase, en palabras dos actuais propietarios do complexo, da “maior actuación de recuperación da memoria histórica en Galicia”, para a que se investiron 300.000 euros.

Durante a inauguración deste sábado, proxectouse un vídeo no que un dos presos do mosteiro, o catalán Joan Salvador, de 98 anos, deu voz a eses miles de persoas que estiveron encerradas no lugar entre os anos 1937 e 1939. De feito, relata como visita “regularmente” o Real Mosteiro desde os anos 50 porque supón un “san exercicio de memoria“.

Ademais del, diversas autoridades, empresarios e membros da vida social e cultural de Galicia participaron na súa inauguración. A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, agradeceu á propiedade do mosteiro o traballo de todos estes anos “para pór en valor todo o patrimonio deste municipio, así como a súa implicación na memoria histórica”.

Pola súa banda, o director xeral do Real Mosteiro, Xoán Martínez, reivindicou a “importancia” da historia e da memoria desta infraestrutura e destacou distintas accións culturais levadas a cabo como visitas guiadas, charlas, concertos e talleres, entre outras. O acto estivo amenizado pola música da cantautora Su Garrido.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...