VÍDEO: Continúa a loita para salvar a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

En defensa da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) concentráronse un martes máis para protestar polo desmantelamento deste centro educativo con 130 anos de historia na cidade.

Os participantes denunciaron que tras o inicio do curso, o pasado 1 de outubro, 300 dos 700 matriculados non puideron comezar as clases porque nos cursos de Debuxo, Serigrafía, Pintura, Moda, Ourivaría e Serigrafía non hai profesores.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here