InicioCulturaO Festival de Sitges rende tributo ao director vigués Juan Pinzás, único...

O Festival de Sitges rende tributo ao director vigués Juan Pinzás, único cineasta en España do movemento Dogma

Alí estrearase o documental 'Universo Pinzás' (2019), sobre a figura do director cineasta.

PUBLICADO O

O Festival de Sitges estreará o 5 de outubro o documental ‘Universo Pinzás’ (2019), sobre a figura do director vigués Juan Pinzás, único cineasta en España recoñecido oficialmente polo movemento de vangarda Dogma 95.

Este filme de Víctor Olid, producida por Vial of Delicatessens, é un retrato do particular mundo do cineasta, a partir de testemuños e conversas que o propio Pinzás establece coa produtora Pilar Sueiro, o escritor Fernando Alonso Barahona e o equipo que leva a cabo esta produción.

Pinzás estará presente na presentación da obra, nun festival que tamén proxectará ‘A lenda da doncela’ (1994), unha das súas obras máis premiadas internacionalmente, con Fernando Guillén, Alejandra Grepi, Rafael Álvarez ‘El Brujo’ e Anabel Alonso, entre outros. Ademais, manterá un coloquio co público.

O cineasta galego mostrou o seu agradecemento por este tributo que lle rende o Festival de Sitges, que se celebrará do 3 ao 13 de outubro.

“Considero un privilexio estar presente nesta 52 edición do Festival de Sitges e con dobre presenza, por unha banda cun documental que penetra no meu cosmos cinematográfico, baixo a mirada do entusiasta e interesante cineasta novel Víctor Olid, en cuxa rodaxe gocei moito e revivín momentos marabillosos da miña traxectoria cinematográfica; máis de tres décadas xa, que me producen vertixe. E, doutra banda, cunha das miñas películas máis comprometidas, queridas e de maior orzamento, como é ‘A lenda da doncela’, que me deu moitas satisfaccións e impulsou a miña carreira internacionalmente”, expresou.

ÚLTIMAS

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

A Fundación Secretariado Xitano denuncia as discriminacións contra o seu colectivo

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández...

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...