O Casco Vello réndese á música e a poesía de Aute e Oroza

Presentación de “Aute canta a Oroza” / © Miguel Núñez.

A praza da Subida a Costa (máis coñecida como Praza do Abanico) acolleu esta pasada fin de semana un acto organizado pola Editorial Elvira e a Asociación Casco Vello Alto para presentar o libro “Aute canta a Oroza”, editado recentemente pola empresa viguesa e que recolle unha serie de poemas do escritor galego musicados polo cantautor Luís Eduardo Aute, declarado admirador da poesía de Oroza.

O acto incluíu a audición de varios deses textos, a proxección de vídeos recollendo distintos momentos da elaboración do proxecto e a lectura de varios poemas do poeta, falecido en Vigo en 2015, a cargo de Ledicia Costas, Susi da Torre, Toñi Caseiro, María Lado e Montse Copa.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here