O festival ‘Espazos Sonoros’ inicia a súa programación cun concerto na igrexa de Santa Liberata de Baiona

barcos de baixura en baiona
Porto de Baiona © Miguel Nuñez

A XII edición de ‘Espazos Sonoros’, o festival promovido pola Xunta de Galicia que percorrerá o patrimonio histórico da Comunidade, inicia este domingo a súa programación cun concerto na igrexa de Santa Liberata da localidade pontevedresa de Baiona.

Así, nesta primeira cita está protagonizada polo grupo Cantaderas, unha formación composta por mulleres cunha ampla traxectoria no mundo da música antiga e que nace coa vocación de pór en conexión a música vocal da Idade Media con outras procedentes da tradición oral, segundo destacou o Goberno galego nun comunicado.

Este concerto, como todos os incluídos na programación de ‘Espazos Sonoros’, é de entrada libre ata completar o aforamento dos lugares. A programación musical desta duodécima edición, que se celebrará ata o próximo 6 de outubro, compleméntase con outras actividades como camiñadas, visitas guiadas e talleres, para as que é necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico ‘actividades@espazossonoros.org’.