Como loitar informativamente contra os grandes grupos de comunicación

Os directores de Galicia Confidencial, Praza Pública e Sermos Galiza reflexionaron sobre a importancia de apoiar medios alternativos e en galego.

David Lombao, de Praz Pública; Xurxo Salgado, de Galicia Confidencial e María Obeleliro, de Sermos Galiza / Miguel Núñez

Cal é a situación dos medios en galego, o monopolio informativo dos grandes grupos mediaticos galegos, a importancia de ter unha información alternativa ou as importantes relacións entre os poderes políticos e os medios de comunicación tradicionais. Estes foron algúns dos temas que abordaron este xoves en Vigo os directores dos tres principais medios en galego do país; Xurxo Salgado, director do Galicia Confidencial, David Lombao do Praza Pública e María Obelleiro, do Sermos Galiza.

David Lombao, Xurxo Salgado e María Obelleiro nunha charla sobre os xornais en galego / Miguel Núñez

Unhas reflexións que tiveron lugar nunha mesa redonda, moderada polo catedrático e profesor na Facultade de Comunicación da USC, Xosé López , que tivo lugar na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e estivo organizada polo Colectivo Pertenza. Nela falouse, sobre todo, da importancia e do futuro dos xornais dixitais galegos.

Durante a charla, os tres directores abordaron a situación das tres grandes cabeceiras en galego, así como o panorama comunicativo de Galicia. Un panorama dominado por grandes grupos de comunicación fortemente subvencionados polo poder político.

Ademais, destacaron a importancia dos roles xornalísticos dos medios en galego como “vixilantes e críticos” coa realidade comunicativa e política imperante e como garantes dunha información alternativa e plural.

Público na Conferencia dos directores de Praza, Galicia Confidencial e Sermos Galiza © Miguel Nuñez

RETOS

Na mesa redonda tamén se falou das estratexias para implicar aos cidadáns no producto xornalístico e na elaboración das pezas, a participación ou a estratexia en redes sociais, así como dos modelos económicos e plans de sustentabilidade destes medios. Unha situación, a da sustentabilidade económica destes medios, que estivo moi presente durante toda a charla, posto que a maior parte destes medios poden sobrevivir grazas ás achegas económicas dos seus lectores ante o boicot publicitario de determinadas institucións, nomeadamente, a Xunta de Galicia.

Xosé López, catedrático e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago / Miguel Núñez

Logo da intervención de Salgado, Lombao e Obelleiro abriuse unha quenda de preguntas na que o público estivo moi participativo e insistiu en cuestións como a necesidade de manter unha información alternativa en galego, nos plans de viabilidade dos medios, en artellar iniciativas comúns ou nos retos de captar ás novas xeracións.

5 COMENTARIOS

  1. Segundo Praza Pública certamente naceu con vocación de VIXIANTE e o amosa na elección do seu sistema de comentario https://disqus.com/ que nin é galego nin protexe a privacidade dos lectores…
    Algo fundamental no mundo dixital, non só é cuestión de anonimato senon de respectar certa PRIVACIDADE fundamental para que os lectores podan fiarse dos medios…(?)

    E terceiro agraceder a Manolo Focadela a edición do vídeo que nos permite acceder a esta interesante mesa de xornalismo alternativo…

  2. Os que presumen de compromiso co país… sería ben reflexionar por que imos buscar ferramentas tecnolóxicas a Berlin cando existían ferramentas tecnolóxicas moi avanzadas en galego e ninguén acreditou nelas nin asumiu responsabilidades…
    https://i.gal/gamelaCabozo

    En canto á participación dos lectores vimos demandando unha apertura á cidadania como é o GCAberto que botamos en falla neste medio Xornal de Vigo e Comarcas !

    Gracias por seguir aí… e ogallá sexa por moitos anos polo ben da libertade de información e de expresión en GALICIA !

  3. e por último dicir que sí precisamos manter e coidar a COMUNIDADE DOS LECTORES se queremos transformar as cousas… e facer das RR.SS. o único camiño posible das intervencións lévamos a o mundo instantáneo e de puro big data que non recoñece a colaboración dos usuarios dos medios…?

    Pero cada quen elixe o modelo que prefire… o malo é que volvemos a facer GUETOS que non levan a ningures dende un punto de vista informativo… os xonalistas deben estar ao servizo da Comunidade aínda que ás veces poda resultar DURO pero a longo plazo penso que todos sairemos gañando o futuro!

  4. En canto ás noticias falsas e as redes sociais cómpre deternos un chisco a pensar que é o que estas redes alleas a nós están a facer no campo da DESINFORMACIÓN
    https://i.gal/FalsasRedes

    Gracias por este artigo e por esta charla de tanto valor para o futuro dos medios en Galicia !

    Vigo precisa ter voz propia nos medios de comunicación !

  5. Critican aos grandes medios e namentres piden cartos para eles. O de sempre, vitimismo.

    Por favor, un pouco de autocrítica. Seguen facendo produtos mediocres. Recoñécolle a estes rapaces que bastante fan con sobrevivir.

    Todo é cuestión de cartos, señores. Busquen fontes de financiación, senón as atopan é imposible ter eses medios que reclaman.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here