InicioCulturaMarta Lucio regresa á dirección do Museo de Mar en Vigo, tras...

Marta Lucio regresa á dirección do Museo de Mar en Vigo, tras o seu paso polo Senado co PP

PUBLICADO O

Marta Lucio volverá á dirección do Museo do Mar de Galicia, en Vigo, tras o seu paso pola Cámara Alta (onde foi senadora do PP desde xaneiro de 2016 e ata marzo de 2019), segundo aprobou este venres o padroado da Fundación Museo do Mar.

Así, tras este período de tres anos, nos que o museo estivo dirixido de forma provisional polo arqueólogo conservador Vicente Caramés, Marta Lucio volverá incorporarse á dirección da institución.

A Xunta de Galicia enmarcou o retorno de Lucio (licenciada en Xeografía e Historia, e especialista en Historia da arte, Arte Antiga e Medieval) nun momento no que o Goberno galego fai unha aposta “por conseguir unha mellor definición da realidade museística co impulso do anteproxecto de lei de museos de Galicia“.

Este documento compleméntase coa próxima Estratexia da Cultura Galega. Trátase dun plan no que se recollen as principais liñas de actuación e as prioridades das políticas culturais de Galicia, e que “marca a folla de ruta para afrontar os retos da cultura galega para os próximos anos”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...