InicioCultura30 seconds to Mars, a banda de Jared Leto, actuará en Vigo...

30 seconds to Mars, a banda de Jared Leto, actuará en Vigo o 1 de agosto

PUBLICADO O

- Advertisement -

A banda de Jared Leto, ’30 seconds to Mars‘, ofrecerá o próximo 1 de agosto, no auditorio vigués de Castrelos, o seu primeiro concerto en Galicia, no marco da programación estival do Concello, segundo avanzou este venres o alcalde, Abel Caballero.

O rexedor destacou a traxectoria e éxito deste grupo de rock alternativo, liderado polo tamén actor e director de cinema Jared Leto, así como o seu “notable compromiso” con causas sociais e benéficas.

Abel Caballero explicou que este será o primeiro concerto que a banda ofreza en Galicia, aínda que aínda non se puxeron á venda as entradas para a zona máis próxima ao escenario (a maior parte do público poderá gozar do concerto, desde o anfiteatro de Castrelos, de forma gratuíta).

O alcalde, quen lembrou que xa están confirmados outros artistas para este verán como Tom Jones, Lauryn Hill ou Roger Hodgson, asegurou que “aínda” que dan por anunciar, polo menos outro tres grandes concertos de “gran caché” para as festas viguesas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...